domingo, 22 de mayo de 2011


Nun primeiro momento, quen tiña o deber de levantar a economía e crear proxectos para o desenvolvemento era o Estado, mais esta situación cambio unas últimas décadas, tomando as empresas privadas e certas entidades bancarias o papel protagonista, probablemente porque éstes son quen moven os cartos.
Nun primeiro momento poderíase loar as accións desinteresadas levadas a cabo polas empresas privadas nos países do Terceiro Mundo coa intención de que éstes avancen e prosperen.
Obviamente non é certo que se movan desinteresadamente. De certa maneira é lóxico que eles teñan que gañar algo con todo isto, pero ás veces da a sensación de que o único que lles interesa son os seus propios beneficios.
¿Ata ónde están dispostos a chegar para conseguir o que queren? Pois están dispostos a chegar moi lonxe e pasar por riba do que faga falla, xa sexa a naturaza ou a própia xente.
De ahí que estemos fartos de escoltar que certas empresas privadas perxudican gravemente o medio ambiente ou que explotan duramente ás persoas destes países pobres que o único que queren é gañar cartos para poder saír adiante e respirar un pouco.
A pesar das duras críticas que se lles dan, moitas fan oidos xordos ou miran cara outro lado, de novo interesándose soamente polos seus intereses.
De modo que, ¿é ético deixar nas mans destas emperesas privadas obxectivos tan importantes a sabendas do que pode ocorrer? A desposta lóxica sería decir que non, pero nun mundo tan marcado polos cartos, a ética pouco importa.
Para non ser inxustos, é certo que sí hay empresas concienzudas verdadeiramente neste tipo de causas, porque claro, sempre hay excepcións, pero desgrazadamente éstas son minoritarias.
http://contrapeso.info/2007/tercer_mundo_y_multinacionales/

No hay comentarios:

Publicar un comentario