jueves, 24 de febrero de 2011

Suponse que estando no século XXI deberíamos ter evolucionado bastante con respecto a épocas pasadas. Quizáis sexa así se falamos sobre a tecnoloxía pero se falamos sobre a mentalidade das persoas, dubido que avanzásemos tanto. A realidade é que seguimos sendo tan egoistas coma sempre, tal vez porque o egoismo forma parte da nosa natureza... Seguimos querendo ter todo, e se xa o temos, aínda queremos máis, sen importar os danos colaterais. Con isto non estou atacando a toda humanidade. Falo por exemplo das grandes multinacionais que dominan gran parte da economía do planeta e que nos manexan coma se fósemos monecos en miniatura.
Sábese de sobra que para moitas persoas o día a día non é máis que unha loita pola supervivencia. Hai xente que non ten qué levar á boca, xente que pasa fame, xente que ten familia que non pode manter, xente que traballa máis ca ninguén e nunca recibe a recompensa. Todo o contrario, tras traballar duramente nas súas escasas terras, outros quédanse con elas. Ou tras pasar día en terras alleas reciben o mínimo polo seu esforzo, e a fame non os abandoa.
Así é que, sabendo isto, sabendo que a xente pasa fame, ¿por qué os máis ricos, os que se cren os reis do mundo, non fan nada? ¿Por qué a pesar de telo todo, de ter máis cartos ca ninguén, non fan nada? ¿ Por qué queren máis e máis e máis? ¿Por qué loitan entre eles en lugar de ocupar o seu tempo non quitando terras alleas? Supoñe que é...por egoísmo.